Morre un operario electrocutado no polígono de Coirós

Morre un operario electrocutado no polígono de Coirós
Morre un operario electrocutado no polígono de Coirós

Ocorreu ao fío das 10:15 horas, no polígono industrial da localidade

Un operario faleceu esta mañá mentres traballaba na manipulación nuns cables de media tensión no termo municipal coruñés de Coirós.

Ocorreu ao fío das 10:15 horas, no polígono industrial da localidade.

Unha persoa particular alertaba do sucedido ao 112 Galicia. Acto seguido, os axentes do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, dos Bombeiros de Betanzos e da empresa subministradora da electricidade.

A pesar dos esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida.

Comentarios
Lo más