Máis de 70 intervencións por mor do mal tempo en Oroso

Máis de 70 intervencións por mor do mal tempo en Oroso
Máis de 70 intervencións por mor do mal tempo en Oroso

Durante a xornada de onte, a Agrupación de Protección Civil de Oroso, a Policía Local e a Brigada de Obras Municipal realizaron máis de 70 intervencións debidas a incidencias causadas polo mal tempo.

Os motivos foron variados, desde árbores caídos nas estradas polo vento, inundacións, colectores ou outro tipo de mobiliario urbano desprazado e causando problemas, e incluso unha saída ata o centro social de San Román, con danos importantes pola caída dunha árbore.

Dende o concello "agradecen o intenso traballo e a celeridade coa que acudiron ás demandas veciñais, co único obxetivo de protexer á cidadanía de Oroso". Ademáis, "lamentan o mal estado de mantemento das redes de empresas como Telefónica ou Naturgy (antiga Unión Fenosa), o que provoca diferentes problemas en días de mal tempo"

Por outra banda, o Concello "pide precaución nas próximas horas nas estradas e nas actividades no exterior, xa que continuará a adversidade meteoróloxica". 

Comentarios
Lo más