Buscan unha moza desaparecida entre Oroso e Ordes

Buscan unha moza desaparecida entre Oroso e Ordes
Buscan unha moza desaparecida entre Oroso e Ordes

Á xoven Ánxela perdeuselle a pista entre Oroso e Ordes onte

Ánxela, unha moza veciña de Deixebre a quen se lle perdeu a pista entre Oroso e Ordes, ten moi preocupados a familiares e veniños da zona que non pararon de buscala en todo o día.

No momento da súa desaparición vestía un abrigo verde, pantalón negro e calzado con detalles de cor rosa. Onte sufriu un brote psicótico, tras pasar a noite coa súa familia. Na mañá do sábado intercambiou mensaxes telefónicas con algúns amigos e marchou de casa desorientada.

Algunhas testemuñas aseguran que a viron nun coche que non era seu e tamén camiñando. Comentoulles que quería chegar a Ourense. Esta tardiña buscárona na zona de Deixebre e agora a busca amplíase á outras zonas. A familia, que denunciou a súa desaparición, pide que se alguén a vé chame a GArda Civil, Policías ou Emerxencias. 

Comentarios
Lo más