Atopan en medio do monte a moza desaparecida en Oroso

Atopan en medio do monte a moza desaparecida en Oroso
Atopan en medio do monte a moza desaparecida en Oroso

A primeira hora desta mañá foi atopada, desorientada, entre Oroso e Ordes, na zona que rastrexaron desde que se decataron da súa desaparición. Foi trasladada a un centro hospitalario.

A Ánxela, unha moza veciña de Deixebre, perderaselle a pista entre Oroso e Ordes e tivo en vilo no sábado a toda a veciñanza que non parou de buscala. A muller desaparecera a raíz dun brote psicótico do que avisaron os familiares aos servizos de emerxencias cando deron a voz de alarma.

Diversas fontes explicaron que Ánxela pasou a noite á intemperie e sobre as 11 da mañá os servizos de emerxencia desplazáronse ata o lugar no que foi atopa para prestarlle auxilio. Estaba consciente e físicamente ben. Presenta algún signo de hipotermia e costou convencela para subir na ambulancia.

No momento da súa desaparición vestía un abrigo verde, pantalón negro e calzado con detalles de cor rosa. Onte sufriu un brote psicótico, tras pasar a noite coa súa familia. Na mañá do sábado intercambiou mensaxes telefónicas con algúns amigos e marchou de casa desorientada.

De momento hai poucos datos sobre os motivos da súa desaparición, pero a rapaza foi atopada sa e desorientada nun monte no que se levaba rastrexando desde a sua desapación.

Comentarios