Arrinca a campaña 'Eles tamén' para que os cans podan entrar nos locais de Compostela

Arrinca a campaña 'Eles tamén' para que os cans podan entrar nos locais de Compostela
Arrinca a campaña 'Eles tamén' para que os cans podan entrar nos locais de Compostela

A iniciativa visibiliza os establecementos 'dogfriendly', que son aqueles que permiten a entrada de cans e que se identifican cun adhesivo

Ven de presentarse en Santiago a campaña Eles tamén que ten como obxectivo impulsar que os habitantes de santiago con can podan disfrutar da cidade sen ter que deixar a mascota na casa. 

Na cidade está medrando o movemento dogfriendly e os impulsores da iniciativa teñen como expectativas que máis de 100 establecementos teñan na súa porta ou no seu escaparate o adhesivo identificativo. En Santiago hai censados 14.133 cans e cadelas, polo que son moitas as persoas que condicionan a súa forma de vida en función da súa mascota.

Bares e tendas da cidade xa teñen na súa porta o adhesivo deseñado polo equipo da campaña que identifica os locais que permiten a entrada de cans. Entre os establecementos están locais coma  Follas Novas, El Muelle Bar, Pijus Magnificus y A Reixa Tenda.

Comentarios
Lo más