Dúas persoas feridas ao saírse da vía o coche no que circulaban e bater contra unha casa en Barro

Dúas persoas feridas ao saírse da vía o coche no que circulaban e bater contra unha casa en Barro
Dúas persoas feridas ao saírse da vía o coche no que circulaban e bater contra unha casa en Barro

O accidente produciuse no punto quilométrico 109, da N-550, ao fío das 16:50 horas de onte

Dúas persoas precisaron asistencia médica esta tarde en Barro despois de que o turismo no que viaxaban se saíse da vía e rematase batendo contra unha casa. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as dúas persoas feridas foron trasladadas ao hospital Montecelo.

O accidente produciuse no punto quilométrico 109, da N-550, ao fío das 16:50 horas de onte

Foi unha persoa particular quen alertou do sinistro ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Ribadumia e Pontevedra, ao servizo de mantemento da vía e a Protección Civil de Barro.

Comentarios
Lo más