Trasladan ao hospital a un condutor que saiu ferido dunha colisión entre dous coches na Rúa

Trasladan ao hospital a un condutor que saiu ferido dunha colisión entre dous coches na Rúa
Trasladan ao hospital a un condutor que saiu ferido dunha colisión entre dous coches na Rúa

Ocorreu na rúa Arnaveca, uns minutos antes das 17:30 horas de onte

Na Rúa, unha persoa tivo que ser trasladada ao centro hospitalario de referencia despois dunha colisión na que se viron implicados dous turismos. Ademais, un home resultou ferido leve.

Ocorreu na rúa Arnaveca, uns minutos antes das 17:30 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do accidente.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, dos Bombeiros e GES de Valdeorras e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comentarios