O Pino celebra o sábado 23 a I Carreira e Andaina pola Igualdade para conmemorar o 25N

O Pino celebra o sábado 23 a I Carreira e Andaina pola Igualdade para conmemorar o 25N
O Pino celebra o sábado 23 a I Carreira e Andaina pola Igualdade para conmemorar o 25N

O percorrido abrangue 5 km e o punto de saía é na Área Recreativa da Madalena (Castrofeito)

Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de O Pino realiza este sábado 23 de novembro a súa I Andaina e Carreira pola Igualdade como parte da súa programación conmemorativa. A actividade estará precedida pola lectura dun manifesto en prol da igualdade. As inscricións faranse ata o 22 de novembro en www.carreirasgalegas.com.

As actividades do sábado 23 e novembro a Área Recreativa da Madalena (Castrofeito) comezarán ás 16.00 horas, onde terá lugar o acto institucional de lectura do manifesto contra a violencia machista, que dará paso ao prato forte das conmemoracións. A I Andaina e Carreira pola Igualdade forma parte do programa de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, por iso está aberta a toda a veciñanza que queira percorrer 5 quilómetros cos que poñer punto final a esta lacra social.

As inscricións realizaranse en www.carreirasgalegas.com ata o 22 de novembro ás 14.00 horas. Os interesados poderán conseguir más información chamando ao 981 511 002.

Comentarios
Lo más