As ANPAS de Ames publican unha petición en Change.org para queixarse sobre a acumulación dos pagos nos servizos de conciliación

As ANPAS de Ames publican unha petición en Change.org para queixarse sobre a acumulación dos pagos nos servizos de conciliación
As ANPAS de Ames publican unha petición en Change.org para queixarse sobre a acumulación dos pagos nos servizos de conciliación

O incumprimento nos prazos no envío dos recibos por parte da concellería encargada a cargo de David Santomil, fai que agora moitas familias teñan que asumir nos últimos meses do ano pagos de ata 700 euros

O concello de Ames facía pública fai unha semana a información sobre o cobro dos recibos dos servizos complementarios de educación. Unha información ante a que a reacción das familias non se fixo esperar.

O incumprimento nos prazos no envío dos recibos por parte da concellería encargada a cargo de David Santomil, fai que agora moitas familias teñan que asumir nos últimos meses do ano pagos de ata 700 euros. 

Por iso as ANPAS do concello de Ames acaban de publicar unha petición en Change.org para amosar o seu rexeitamento á acumulación dos recibos dos servizos de conciliación así como a busca de solucións tal como o fraccionamento dos pagos ou atención telefónica ou telemática.

Non é algo novo para as familias xa que o ano pasado volveron a vivir a mesma situación dunha acumulación nos recibos seguidos. Nese momento, dende a concellería de Educación, falaban dunha regularización, dun proceso para estar ao corrente dos cobros.

Preguntado fai unhas semanas sobre este novo retraso Santomil aclaraba que estaban a elaborar o censo xa que é un proceso laborioso e a burocracia ten os seus tempos. Esperamos que nos vindeiros días e no mes de novembro xa se pasen os correspondentes recibos".

Comentarios