Un incendio iniciado nun deshumidificador causa unha leve intoxicación a tres veciños de Poio

Un incendio iniciado nun deshumidificador causa unha leve intoxicación a tres veciños de Poio
Un incendio iniciado nun deshumidificador causa unha leve intoxicación a tres veciños de Poio

A rápida intervención dos veciños permitiu atallar as chamas, que só afectaron ao aparato e parte dunha estantería

Tres persoas foron evacuadas en Poio con síntomas de intoxicación leve por inhalación de fume durante un incendio que comezou nun deshumidificador.

A rápida intervención dos veciños permitiu atallar as chamas, que só afectaron ao aparato e parte dunha estantería.

De feito, cando chegaron os servizos de emerxencias o lume estaba case extinguido, mais o intenso fume acumulado obrigou a intervir aos servizos sanitarios de urxencia para atender a tres persoas que presentaban síntomas dunha posible intoxicación. Despois de recibir os primeiros coidados, foron trasladados ao centro médico de referencia, aínda que en estado leve. 

Este operativo activouse no 112 Galicia ás 9:00 horas de hoxe despois de recibir unha chamada de alerta dunha persoa particular, que localizaba o incendio na Rúa Saíñas, en Poio. Alí acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como os Bombeiros de Ribadumia, membros do GES de Sanxenxo e voluntarios de Protección Civil da vila.

Igualmente, o equipo de extinción contou coa colaboración dos axentes da Policía Local.

Comentarios
Lo más