Continúan as chuvias na cidade

Continúan as chuvias na cidade
Continúan as chuvias na cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima chegará aos 12ºC

Durante o venres quedaremos baixo a influencia dunha borrasca que se moverá polo Golfo de Biscaia, moi preto de Galicia. 

Con esta situación agárdanse ceos anubrados con precipitacións, localmente fortes e treboentas. 

A cota de neve situarase arredor dos 1.200 -1300 metros xa na madrugada do sábado.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima chegará aos 12ºC.

Os ventos soprarán fortes de compoñente oeste.

Comentarios