Falece un operario ao caer do tellado dunha granxa de O Pino

Falece un operario ao caer do tellado dunha granxa de O Pino
Falece un operario ao caer do tellado dunha granxa de O Pino

Os feitos sucederon ao fío das 14:45 horas

Un operario perdeu a vida esta tarde no Pino despois de precipitarse do tellado dunha granxa situada no lugar do Couto Pequeno, na parroquia de Medín.

Os feitos sucederon ao fío das 14:45 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil que, malia os esforzos, nada puideron facer por salvar a vida do traballador.

Comentarios