A Gala Youtubeira proxectará este domingo os vídeos da veciñanza máis creativa de Rianxo

A Gala Youtubeira proxectará este domingo os vídeos da veciñanza máis creativa de Rianxo
A Gala Youtubeira proxectará este domingo os vídeos da veciñanza máis creativa de Rianxo

Este domingo día 24, ás 19:00 h, no Auditorio, celebrarase en Rianxo a Gala Youtubeira, na que se mostrarán os vídeos creados polos veciños e veciñas que participaron nas actividades formativas que se desenvolveron no concello ao redor da campaña Youtubeir@s.  

Youtubeir@s é un proxecto colaborativo intermunicpal que xurdiu para fomentar e visibilizar o uso do galego a través dunha das redes sociais máis influentes do momento, Youtube. A Deputación da Coruña, as tres universidades galegas e ata trece concellos promoven esta acción dinamizadora da lingua galega, que pretende, transversalmente, mellorar a capacitación tecnolóxica das persoas que participan nel.

O proxecto reparte algo máis de 6000 € en premios entre as diferentes categorías ás que se pode presentar calquera persoa de máis de 14 anos: vídeo-opinarmos, vídeo-facermos, vídeo-cantarmos, á mellor canle, á creatividade, etc.

O Concello de Rianxo e a comarca do Barbanza descatan en canto á participación no concurso; Rianxo é o cuarto concello que máis vídeos presentou aos premios e o Barbanza é a comarca máis produtiva de todas as galegas. A gala rianxeira deste domingo precederá á Gala final de Youtubeir@s, que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro sábado día 29 e na que se darán a coñecer os vídeos gañadores da edición 2019.

Comentarios