Máis de 170 persoas corren pola igualdade na I Carreira e Andaina homenaxe do 25N de O Pino

Máis de 170 persoas corren pola igualdade na I Carreira e Andaina homenaxe do 25N de O Pino
Máis de 170 persoas corren pola igualdade na I Carreira e Andaina homenaxe do 25N de O Pino

Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de O Pino realizou na tarde deste sábado a súa I Andaina e Carreira pola Igualdade.

Manuel Taboada, alcalde de O Pino, encargouse de dar comezo á xornada coa lectura dun manifesto en prol da igualdade. Tras o acto conmemorativo, máis de 200 persoas emprenderon o percorrido de 5 quilómetros como símbolo de loita contra esta lacra. Amador Pena e Mariam Ferrán foron os gañadores da categoría absoluta da carreira.

A Área Recreativa da Madalena (Castrofeito) reuniu hoxe ás 16.00 horas a máis de 200 persoas que quixeron unirse aos propósitos que se expuxeron no manifesto contra a violencia machista. Manuel Taboada, alcalde de O Pino, foi o encargado de dar voz a este acto institucional, en representación de toda a veciñanza do concello, rexeitando a violencia contra as mulleres en todas as súas manifestacións; recoñecendo a importancia da prevención, educación e promoción de políticas de igualdade; e recordou ás 51 mulleres asasinadas no que vai de ano.

Unha vez rematada a lectura do manifesto e o minuto de silencio en memoria das que xa non están, comezaron a andaina e a carreira, na que participaron máis de 200 veciños e veciñas de todas as idades e xéneros, quen percorreron 5 quilómetros pola contorna do Concello de O Pino co propósito simbólico de poñer punto final a esta lacra social.  Amador Pena e Mariam Ferrán os gañadores da categoría absoluta con 18.04 e 20.56 minutos respectivamente, polo que recibiron trofeo en sinal de recoñecemento, igual que Carlos Manuel Iglesias, Carlos Fraga, Isabel Caeiro e Belén Bascoy, quen encheron o podio cos seus segundos e terceiros postos. No resto de categorías, os vencedores foron galardoados cunha medalla.

A chuvia deu tregua durante toda a exitosa celebración que seguro se repetirá nos próximos anos co propósito de fomentar a sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres.

Comentarios
Lo más