Oroso conmemorou o 25N recordando as mulleres que non están

Oroso conmemorou o 25N recordando as mulleres que non están
Oroso conmemorou o 25N recordando as mulleres que non están

“Non podemos consentir máis esta situación. As vidas das nosas fillas, irmás ou nais están en xogo", afirmou a concelleira

“A xornada ten como obxectivo facer un chamamento á reflexión, dando visibilidade ao rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres”, asegurou Isabel Fernández, concelleira de Mulleres de Oroso na celebración do 25N.

“O Concello de Oroso quere visibilizar con esta campaña ás que xa non están, a todas esas vítimas que xa non poden alzar a voz e denunciar este grave feminicidio que algúns tratan de silenciar”, sostén Isabel Fernández, “esas 51 sombras teñen nome, tiñan familia, traballo, soños e ilusións, pero tamén tiñan un asasino que acabou coas súas vidas”.

“Non podemos consentir máis esta situación. As vidas das nosas fillas, irmás ou nais están en xogo, calquera desas sombras pode ser unha delas no futuro se non actuamos; queremos dicirlle á cidadanía que non mire para outro lado, que actúe!”, engadiu.

Comentarios
Lo más