Morre un condutor tras saírse da vía no concello ourensán de Riós

Morre un condutor tras saírse da vía no concello ourensán de Riós
Morre un condutor tras saírse da vía no concello ourensán de Riós

Nada mais chegar ao lugar, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do condutor

Unha saída de vía deixou esta mañá unha persoa falecida no termo municipal de Riós (Ourense).

Todo sucedeu ao fío das 09:30 horas. Foi a esa hora cando unha persoa particular contactaba co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para informar dunha saída de vía na N-525, no punto quilométrico 151, á altura do lugar das Ferreiras. No seu relato indicaba que o coche estaba na cuneta e que podía haber persoas atrapadas no seu interior.

Así, con estes datos, desde o 112 Galicia alertouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Verín, que decontado se desprazaron ao punto. Do mesmo xeito, informouse á Garda Civil de Tráfico, aos membros do GES da Gudiña e de Protección Civil da localidade.

Nada mais chegar ao lugar, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do condutor, que tivo que ser excarcerado polos Bombeiros ao quedar atrapado no interior do vehículo. 

Comentarios