Bugallo asistiu ao acto de entrega dos Premios Meninas 2019

Bugallo asistiu ao acto de entrega dos Premios Meninas 2019
Bugallo asistiu ao acto de entrega dos Premios Meninas 2019

 O premio é unha escultura que representa unha menina, creada en talleres ocupacionais de diferentes centros penitenciarios

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu ao acto de entrega dos Premios Meninas 2019, outorgados pola Delegación do Goberno en Galicia con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Presidiu o acto o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

Os galardóns recaeron na Deputación de Pontevedra; no Centro de Estudos de Xénero e Feminismos da Universidade da Coruña (UDC); na valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño; na Asociación Mirabal de Betanzos (A Coruña); e na Asociación de Mulleres "Escola Rural de Saúde da Limia". O premio é unha escultura que representa unha menina, creada en talleres ocupacionais de diferentes centros penitenciarios.

Durante a cerimonia tamén houbo catro mencións honoríficas para a inspectora xefa da UCRIF da Policía Nacional na Coruña, Natividad Penas Gómez; para a Unidade de Atención á Familia e Muller da Policía Nacional de Lugo; na psicóloga do servizo de Penas e Medidas Alternativas da prisión de Pereiro de Aguiar, Ana Belén Pardo López; e no equipo Muller Menor da Garda Civil de Pontevedra. 

Comentarios
Lo más