O Millaraio obtén tres medallas no XVII Campionato de Galicia de inverno en marcha en pista

O Millaraio obtén tres medallas no XVII Campionato de Galicia de inverno en marcha en pista
O Millaraio obtén tres medallas no XVII Campionato de Galicia de inverno en marcha en pista

Excelentes resultados do Club Atletismo Millaraio no XVII Campionato de Galicia de inverno en marcha en pista, con sete atletas participantes e un total de tres medallas gañadas.

Sete atletas do Club Atletismo Millaraio participaron no XVII Campionato de Galicia de inverno en marcha en pista. Os resultados conseguidos polos rapaces e rapazas do club amesán foron excelentes, xa que lograron gañar tres medallas: Salomé Segade gañou a medalla de ouro; Alfonso Labella a medalla de prata; e Manuel Labella a medalla de bronce.

Excelentes resultados do Club Atletismo Millaraio no XVII Campionato de Galicia de inverno en marcha en pista, con sete atletas participantes e un total de tres medallas gañadas.

Salomé Segade gañou a medalla de ouro na categoría sub16 feminino. Alfonso Labella obtivo a medalla de prata en categoría sub14 masculino e Manuel Labella conseguiu a medalla de bronce na categoría sub16 masculina.

Ademais, os sub12 David Moreno e Nadir Moreira conseguiron rematar a súa proba sen avisos na súa estrea nesta modalidade, sendo finalmente oitavo e novena. Sara Lema tamén rematou sen avisos a proba sub16, mentres que Sofía Campos foi descualificada a 100 metros da meta cando ía rematar en primeira posición nesta categoría. 

Comentarios
Lo más