O Santiago(é)tapas colle ritmo nos últimos días do concurso

O Santiago(é)tapas colle ritmo nos últimos días do concurso
O Santiago(é)tapas colle ritmo nos últimos días do concurso

Este luns coñeceremos os nomes dos dez finalistas do concurso de tapas

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, visitaron onte o restaurante ACDC, na Rúa do Franco, para facer un balance do XII Santiago(é)Tapas e o I Santiago(é)Cóctel, así como para animar a participar nos últimos días destes concursos e na final do certame de tapas prevista para os días 6, 7 e 8 de decembro.

Ambos destacaron a gran acollida destes dous eventos por parte dos composteláns e dos turistas que nos visitaron nestas dúas semanas, desde o pasado 14 de novembro, pese ao mal tempo que estamostendo este mes. Asimesmo, animaron a seguir visitando os máis de 70 locais que están a participar nestes concursos ata este domingo, 1 de decembro, cando remate a primeira fase desta edición.

Na súa visita ao ACDC, estiveron acompañados por representantes dos distintos patrocinadores no concurso: Mahou, Cash Record, Coca Cola, Finca Viñoa, Aceites Abril (o aceite oficial do concurso) e Utimaq. O XII Santiago(é)Tapas é un evento organizado pola Asociación Hostalaría Compostela e promovido por Turismo de Santiago, co apoio da Deputación de A Coruña. Tamén colaboraron o festival de cine Cineuropa, a Asociación de Celíacos de Galicia e o movemento Slow Food.

FINALISTAS

O luns, día 2, daranse a coñecer os 10 finalistas que optan aos premios Santiago(é)Tapas 2019, segundo a selección feita polo xurado profesional. Estas dez tapas poderán volver a consumirse na gran final prevista para a ponte do 6, 7 e 8 de decembro. A elección das tapas gañadoras entre as finalistas farase mediante a ponderación da valoración do xurado profesional e a puntuación media obtida dos votos populares. Entre todas as tapas finalistas outorgaranse un primeiro e un segundo premio á tapa creativa, dotados con 1.000 e 500 euros, respectivamente; e un primeiro e un segundo premio á tapa tradicional, tamén con 1.000 e 500 euros.

Por outro lado, todos os establecementos inscritos optarán aos premios do público outorgados a partir das votacións dos consumidores emitidas durante os días de celebración dos concursos Santiago(é)Tapas e Santiago(é)Cóctel do 14 de novembro ao 1 de decembro. Haberá un premio do público á tapa creativa e un premio do público á tapa tradicional, dotados con 700 euros cada un. Tamén haberá un premio maridaxe Mahou, con 500 euros en producto e un showcooking nun evento Mahou. Así mesmo, premiaranse dous cócteles, un creativo e un clásico, con 500 euros cada un.

Este ano participan 109 tapas e 25 cócteles que poden consultarse na páxina web santiagoetapas.gal e na app Quedamos de Tapas.

O público pode votar polas tapas e cócteles a través dos pousavasos oficiais que se atopan nos locais participantes, depositando o seu voto nas urnas correspondentes. Para percorrer os distintos locais participantes existe un Tapasporte dividido en 8 (é)Tapas e unha ruta de cócteles. O locais deben selar o Tapasporte a todos os clientes que consuman as tapas, puidendo así optar a numerosos premios por completar as diferentes (é)tapas. Galardóns que inclúen desde entradas para Cineuropa, viaxes no tren turístico ou vales de compra no Mercado de Abastos; ata ceas para dúas persoas, noites de hotel e un voo en ultralixeiro pola Costa da

Comentarios