Comeza o período de apertura das biblioteca en horario extraordinario

Comeza o período de apertura das biblioteca en horario extraordinario
Comeza o período de apertura das biblioteca en horario extraordinario

Estenderase do 2 de decembro ata o 31 de xaneiro de 2020



O luns 2 de decembro as bibliotecas iniciarán o período de apertura en horario extraordinario, un calendario negociado coa representación do alumnado que se estenderá ata o 31 de xaneiro con distintas quendas tanto para o campus de Santiago como para o de Lugo. 

Nunha primeira quenda, a Biblioteca Concepción Arenal de Santiago abrirá as súas portas entre os días 2 e 15 de decembro ata as 3.00 horas. Durante ese mesmo período reforzarase a oferta de prazas de estudo os días 6, 7, 8, 14 e 15 de decembro coa apertura da Sala de Lectura da Facultade de Dereito de 10.00 a 22.00 horas e os días 14 e 15 de decembro coa apertura da Biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais.

No Campus de Lugo, o período extraordinario de apertura comezará igualmente o luns 2 coa apertura da Biblioteca Intercentros, que manterá os seus espazos de estudo abertos ata o 20 decembro en horario estendido ata as 3.00 horas.

A PARTIR DO 16 DE DECEMBRO

A partir do 16 e ata o 20 decembro, a Concepción Arenal abrirá permanente, as 24 horas. Do mesmo xeito, entre os días 21 dese mesmo mes e o 1 de xaneiro, as bibliotecas dos distintos centros abrirán no horario habitual: de luns a venres de 9.00 a 20.30 e as fins de semana de 10.00 a 19.30 horas.

HORARIOS A PARTIR DE XANEIRO

Entre os días 2 e 6 de xaneiro de 2020 a Biblioteca Concepción Arenal abrirá novamente en horario ampliado, ata as 3.00 horas e entre o 7 e o 24 de xaneiro volverá abrir de xeito ininterrompido as 24 horas do día. Finalmente, do 24 ao 31 de xaneiro abrirá ata as 3.00 horas.

No Campus de Lugo, a Intercentros tamén recuperará o horario extraordinario a partir do 2 de xaneiro, prolongándose ata o 31 de xaneiro, período no que permanecerá ata as 3.00 horas.

Ao longo de xaneiro de 2020, a estas dúas bibliotecas sumaranse a dos restos de centros nos seus horarios habituais así como a Sala de Lectura de Dereito, a Biblioteca de Ciencias Económicas e a Biblioteca Xeral que, a modo de reforzo, abrirán con horario ampliado, de 10.00 a 22.00 horas, os días 11, 12, 18 e 19 de xaneiro.

Comentarios