Un cento de alumnos dos colexios de Noia participan no Torneo Interescolar de Baloncesto 2019

Un cento de alumnos dos colexios de Noia participan no Torneo Interescolar de Baloncesto 2019
Un cento de alumnos dos colexios de Noia participan no Torneo Interescolar de Baloncesto 2019

Un torneo xogado no pavillón Alonso Rodríguez e ao que non puideron asistir o alumnado do colexio María Assumpta

Un cento de alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria dos colexios Alexandre Rodríguez Cadarso, Felipe de Castro e Jaime Balmés participaron esta mañá no Torneo Interescolar de Baloncesto 2019, organizado polo Club de Baloncesto Noia e o Concello de Noia. Un torneo xogado no pavillón Alonso Rodríguez e ao que non puideron asistir o alumnado do colexio María Assumpta.

As concelleiras de Deportes, Laura Salgado García, e Ensino, Mariola López Cierto, asistiron ao torneo, organizado de forma lúdica e non competitiva. “Trátase dunha iniciativa para promover a afección polo baloncesto entre a nosa mocidade”, explica Laura Salgado, quen destaca a importancia “de apostar polo deporte de base, pois ademais dos beneficios físicos que proporciona, practicar un deporte tamén achega valores importantes aos nosos nenos e nenas como o compañeirismo, disciplina ou o desexo de superarse a unha mesma”.

Comentarios
Lo más