Último día de chuvias en Compostela

Último día de chuvias en Compostela
Último día de chuvias en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 9 e os 12 graos

O domingo estaremos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións cun corredor de ventos do norte. A xornada comezará con chuvascos que se irán retirando cara ó norte co avance da tarde. 

As temperaturas sufrirán un moderado descenso. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados no interior e fortes no litoral.

En Santiago, ao igual que no resto do territorio o domingo comezará con chuvia que irá baixando en intensidade ao longo do día ata quedar unha noite despexada que dará paso a unha semana sen chuvias e ceos despexados.

Comentarios