Agricultores e gandeiros galegos recibirán axudas da PAC a primeira quincena de decembro

Agricultores e gandeiros galegos recibirán axudas da PAC a primeira quincena de decembro
Agricultores e gandeiros galegos recibirán axudas da PAC a primeira quincena de decembro

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organismo pagador dos fondos europeos adscrito á Consellería do Medio Rural, realizará ao longo da primeira quincena de decembro pagos por importes próximos aos 123 millóns de euros da PAC correspondentes á campaña de 2019.

Deles, máis de 105 millóns corresponden ao saldo de axudas directas (desacopladas e gandeiras) e case 18 millóns á medida 13 de desenvolvemento rural (referida ás axudas para zonas con limitacións naturais).

As  liñas de  axudas directas denominadas “desacopladas” son o pago básico, o pago verde, mozos e  pequenos agricultores, do que se paga o 95% do total solicitado, agás no caso dos pequenos agricultores, que recibirán o 100%. Das  liñas  gandeiras pagaranse os conceptos de vacún de carne e vacún de leite, e os gandeiros recibirán o 90% do importe total solicitado.

Cabe  sinalar que Galicia  é unha das primeiras comunidades autónomas españolas en pagar anticipos da PAC na campaña de 2019, co abono de 37 millóns de euros nestas liñas a metade do pasado mes de outubro. Desta forma, para este ano o Fogga persegue o obxectivo de pagar importes próximos aos 160 millóns de euros, dos que se beneficiarían un total de 27.000 solicitantes das axudas da PAC.

Comentarios
Lo más