Concentración este luns dos pensionistas no Obradoiro

Concentración este luns dos pensionistas no Obradoiro
Concentración este luns dos pensionistas no Obradoiro

A Plataforma de Pensionistas de Compostela, coincidindo co primeiro luns do mes, volverá a concentrarse este luns ás 12.00 horas, no Obradoiro, en defensa do sistema público de pensións

Este luns, dous de decembro, ás doce da mañá, realizarase unha nova concentración da Plataforma Pensionistas Compostela  na Praza do Obrado, máis facer un percorrido por Compostela ata o Toural, pola Rúa Nova e volver ao Obradoiro pola Rúa do Vilar.

"Unha vez máis imos trasladar ao Goberno do Estado que non pararemos de mobilizarnos ata que se garantan as pensións nos Orzamentos Xerais do Estado e a súa revalorización de acordo ao IPC anual; e se recolla na Constitución Española a garantía das pensións públicas", afirman dende a Plataforma, que aboga por "pensións mínimas de 1.084 euros que garantan poder vivir con dignidade conforme á Carta Social Europea e a eliminación da fenda de xenero, entre outros aspectos". "Goberne quen goberne, as pensións deféndese", sinalan.


Comentarios