Importante victoria do Compos no seu fortín

Importante victoria do Compos no seu fortín
Importante victoria do Compos no seu fortín

O Compos imúxose a un rival directo como o Arousa sumando tres puntos importantes

 
Compostela 2 0 Arousa
 

Arrancaba un duelo de altura no Vero Boquete entre dous dos equipos máis en forma da categoría. Pronto chegaría a primeira opción para os locais cun córner botado por Saro ao primeiro pau e Soto rematou de cabeza rozando a portería. Pouco despois, volveu a rematar o Compos un córner de Saro, esta vez, Pablo Antas no segundo pau, pero o seu cabezazo foise a parte de arriba da rede.

E seguían as ocasións para a esedé. Salvou Manu Táboas o primeiro. Xogada trenzada dos locais que acabou nos pés de Gabri Palmás, este encarou o soltou un disparo duro abaixo que salvou o porteiro cunha gran estirada. Pouco despois, no 11', ao longueiro Brais Abelenda. Saque rápido dunha falta, centro de Gabri Palmás desde a banda e o remate de cabeza do atacante de Bembibre estampouse no ferro.

No 14', detivose o xogo por decisión do colexiado ata que non se retirasen os valos do campo, xa que un caeu na pista. Xa reanudado o xogo, no 22', de novo boa intervención de Manu Táboas para evitar o tanto. Pablo Antas lanzou a falta ao segundo pau, pero o porteiro voou para envíala a córner. Na réplica apareceu Pato. Man a man de Raúl Martiñan, na contra do córner, que salvou o porteiro tapando tódolos ocos posibles.

E de novo apareceu Manu Táboas de novo rápido, para evitar o posible gol local. Conectou Pablo a Antas con Primo de tacón, pero o dianteiro non puido armar o disparo porque tiña ao porteiro enriba. Pouco despois, tiro de Josiño, tras xogada individual de Pablo Antas, que se marchou rozando o pau.

A última da primeira metade sería tamén para os locais cun lanzamento de falta de Antas potente, pero marchou rozando a escuadra da portería. Resistiuselle o gol a esedé e ao descanso lucía o 0-0 no luminoso. 

Xa no segundo tempo non perdoou a esedé. Controlou no borde da área Josiño o pase de Gabri Palmás, orientouna a súa perna esquerda e soltou un lategazo que se coou por toda a escadra. No 53', man a man de Primo, tras asistencia de Brais Abelenda, que enviou o cántabro fóra coa esquerda. Con todo, o liña levantara a bandeira para decretar fóra de xogo.

Xusto despois, recibiu Gabri Palmás ao espazo, puxo o servizo ao segundo pau para Primo, moi xeneroso, pero o dianteiro non chegou para empurrala por escasos centímetros. Baixou o ritmo do partido en canto a ocasións no Vero Boquete e consumíase o partido ca ventaxa da esedé no marcador. 

No 82', paradón de Pato para sacar abaixo un disparo de Manu Rodríguez que tocara nun defensa e saíra envenenado. Aguantaba o Compos a súa corta ventaxa nun partido que se consumía. No desconto, o recén saído Rodri Alonso tivo o segundo. Quedouse so na contra Hugo Sanmartín, deulle o pase da morte ao berciano e este, con todo a pracer, mandouna arriba. 

Si chegaría o segundo no último suspiro. Menudo golazo de Brais Abelenda, Entrou desde atrás, foise dun central, sentou ao porteiro e marcou a porta baleira. Con ese tanto cerrábase a victoria do Compos importante ante un rival directo polo Playoff.

Ficha técnica
Compos: Pato, Saro, Jimmy, Álvaro Casas (C), Soto, Baleato, Gabri Palmás (Samu, min 74), Pablo Antas (Rodri Alonso, min 88), Primo, Josiño (Hugo, min 80) e Brais Abelenda
Arousa: Manu Táboas; Adrián, Pedro García, Iago, Coti (Suso, min 72); Trapero (Julio Rey, min 57), Manu Rodríguez (C); Javi Otero, Jorge Sáez (Ciso, min 72), Raúl Martiñán; e Pedro Beda
Goles: 1-0, min 46: Josiño. 2-0, min 93: Brais Abelenda
Árbitro: Alejandro Castro. Amonestou a Álvaro Casas (min 12), Pedro García (min 21), Iago (min 41). Jimmy e Pedro Beda (min 86)
Incidencias: Partido correspondiente á decimoquinta xornada do grupo I de Tercera División disputado no Vero Boquete de San Lázaro
 
Comentarios
Lo más