Este martes preséntase a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro de Ames

Este martes preséntase a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro de Ames
Este martes preséntase a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro de Ames

Este martes, 3 de decembro, terá lugar a presentación da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro de Ames, pertencente á Xunta provincial de A Coruña

Será ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e durante a mesma terá lugar unha charla do Doutor Santiago Aguín, oncólogo pertencente ao Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

A Xunta Local da AECC de Ames está formada por tres persoas que forman parte da directiva: Merche Carballeira, Amparo Brea e Esther Souto. Esta creación xorde debido as características demográficas do Concello de Ames, xa que a niveis de poboación é un dos concellos máis grandes de Galicia. Ata o de agora, Ames non contaba con Xunta Local propia e dependía da Xunta de Galicia de Santiago de Compostela.

A presentación, na que colabora o Concello de Ames, terá lugar no Pazo da Peregrina o próximo martes, 3 de decembro, cunha conferencia do Doutor Santiago Aguín. Este, é facultativo especialista de oncoloxía no Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico de Santiago de Compostela, unha unidade dedicada ao estudo, diagnostico, tratamento e prevención das enfermidades oncolóxicas. Tras esta conferencia desenvolverase un coloquio, onde as persoas asistentes poderán formular as preguntas que estimen oportunas.

A Asociación Española Contra o Cancro

A AECC foi creada no ano 1953 e conta con 3.000.000 de socios en toda España e 2.000 xuntas locais. A Xunta Local de Ames sería a número 45 de xuntas locais da asociación na provincia de A Coruña.

A primeira misión da Asociación Española Contra o Cancro é contribuír á divulgación de programas e servizos da propia asociación. O traballo que realiza é informar, concienciar e acompañar aos enfermos/as e as súas familias. A labor de informar realízana a través de campañas de prevención, de relación cos Concellos para facer actividades, participar en eventos locais, achegarse aos centros educativos e as asociacións municipais. 

Ademais, realiza un importante traballo de apoio e concienciación. O que se fai é derivar os casos detectados a profesionais especializados nesta materia. Os plans de prevención estanse centrando no cancro de pel, mamá e próstata.

Comentarios
Lo más