Control e seguimento da restrición de paso dos vehículos pesados desde o luns no Milladoiro

Control e seguimento da restrición de paso dos vehículos pesados desde o luns no Milladoiro
Control e seguimento da restrición de paso dos vehículos pesados desde o luns no Milladoiro

Dende o pasado mes de decembro de 2018 os vehículos pesados teñen prohibido circular pola avenida de Rosalía de Castro

Durante as vindeiras semanas os/as axentes da Policía Local de Ames e mailos/as axentes de Tráfico da Garda Civil van a realizar un control mais intenso dos vehículos pesados, con MMA maior a 30 toneladas, que circulan pola N-550 ao seu paso pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro.

Dende o pasado mes de decembro de 2018 os vehículos pesados teñen prohibido circular pola avenida de Rosalía de Castro, polo que se realizarán ditos controis para disuadir aos condutores e que circulen polas rutas alternativas.

No pasado mes de febreiro colocáronse AG-56 e no corredor AC-522 as sinais que proporcionan información sobre a ruta alternativa de circulación para non atravesar O Milladoiro cun cumprimento moi elevado desta nova norma. 

Comentarios
Lo más