Os ceos despexados chegan a Compostela

Os ceos despexados chegan a Compostela
Os ceos despexados chegan a Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 6 e os 11 graos

Durante o luns Galicia estará baixo a influencia das altas presións centradas nas Illas Británicas. Con esta situación agárdanse ceos pouco anubrados ou despexados na metade sur, con máis nubes canto máis ó norte, onde se rexistrarán algúns chuvascos ocasionais. 

As temperaturas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado, con sensación térmica de frío agravada polos ventos que soprarán do nordés, fortes no litoral e zonas altas e moderados no resto.

En Santiago dnde o luns desaparecerá a chuvia para dar paso ao ceos despexados con temperaturas normais para esta época do ano. Xa desde a mañá haberá ceos despexados que se prolongarán durante varios días.

Comentarios