Rescatan a unha persoa despois de caer á auga no porto de Combarro

Rescatan a unha persoa despois de caer á auga no porto de Combarro
Rescatan a unha persoa despois de caer á auga no porto de Combarro

Ao fío das 21:30 horas de onte, un alertante chamou ao 112 Galicia para pedir axuda

Unha persoa foi rescatada ao caer á auga no porto novo de Combarro, no concello pontevedrés de Poio.

Ao fío das 21:30 horas de onte, un alertante chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que escoitaba a unha persoa pedir socorro e que os berros procedían do mar. Decontado, os xestores de emerxencia puxeron en alerta ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Garda Costas de Galicia. Así mesmo, informouse á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Segundo se lle informou ao 112 Galicia, a persoa que paseaba pola zona, esvarou e caeu á auga. Un particular que se encontraba preto do lugar foi quen rescatou á persoa, que se atopaba a flote e agarrada a unhas pedras, polo que, finalmente, non foi precisa a intervención dos medios de rescate.

Nada mais ser rescatada, os profesionais sanitarios encargáronse da evacuación da persoa.

Comentarios
Lo más