Os pensionistas de Compostela toman as rúas da cidade

Os pensionistas de Compostela toman as rúas da cidade
Os pensionistas de Compostela toman as rúas da cidade

"Goberne quen goberne, as pensións deféndese", sinalan

Este luns, dous de decembro, ás doce da mañá, realizouse unha nova concentración da Plataforma Pensionistas Compostela na Praza do Obrado, cun percorrido por Compostela ata o Toural, pola Rúa Nova e volver ao Obradoiro pola Rúa do Vilar.

"Unha vez máis imos trasladar ao Goberno do Estado que non pararemos de mobilizarnos ata que se garantan as pensións nos Orzamentos Xerais do Estado e a súa revalorización de acordo ao IPC anual; e se recolla na Constitución Española a garantía das pensións públicas", afirmaron dende a Plataforma, que aboga por "pensións mínimas de 1.084 euros que garantan poder vivir con dignidade conforme á Carta Social Europea e a eliminación da fenda de xenero, entre outros aspectos". "Goberne quen goberne, as pensións deféndese", sinalan.

Comentarios