Corte de tráfico en Carreira do Conde e Xeneral Pardiñas

Corte de tráfico en Carreira do Conde e Xeneral Pardiñas
Corte de tráfico en Carreira do Conde e Xeneral Pardiñas

No tramo indicado queda prohibido o acceso de vehículos, excepto para os que vaian aos garaxes e para os vehículos de carga e descarga

Con motivo da instalación das casetas do Mercado de Nadal (aberto ata o 5 de xaneiro), a partir de mañá martes, 3 de decembro, dende as 9:30 horas, quedarán cortadas ao tráfico a rúa de Carreira do Conde e o tramo de Xeneral Pardiñas comprendido entre Montero Ríos e Carreira do Conde.

No tramo indicado queda prohibido o acceso de vehículos, excepto para os que vaian aos garaxes e para os vehículos de carga e descarga da Carreira do Conde (de 7:00 a 10:30 horas).

Prohíbese tamén o estacionamento neste tramo, para poder así convertelo nunha vía de dobre sentido de circulación e que os vehículos dos garaxes poidan saír cara Montero Ríos.

Comentarios