Corte de tráfico en Xeneral Pardiñas e República do Salvador

Corte de tráfico en Xeneral Pardiñas e República do Salvador
Corte de tráfico en Xeneral Pardiñas e República do Salvador

Os horarios de finalización dos desvíos son aproximados e poden variar en función do desenvolvemento dos traballos

Hoxe martes, 3 de decembro, o Departamento de Tráfico vai realizar traballos de sinalización vertical e horizontal no cruzamento das rúas de Xeneral Pardiñas e República do Salvador, para convertelo nun cruce con preferencia peonil, semellante ao de Montero Ríos. 

Por este motivo vaise cortar a circulación na rúa da República do Salvador, tramo comprendido entre Doutor Teixeiro e Alfredo Brañas, dende as 9:00 ata as 13:00 horas. Xa pola tarde, dende as 14:30 ata as 19:00 horas, o corte será na rúa de Xeneral Pardiñas, no tramo comprendido entre a praza de Puente Castro e Montero Ríos.

Estes cortes afectarán a varias liñas do transporte urbano:

- O corte na rúa de República do Salvador, de 9:00 a 13:00 horas, afectará á liña 5, en sentido A Rocha, que realizará o percorrido por Doutor Teixeiro, rúa da Rosa, San Pedro de Mezonzo e praza Roxa, e retomará o seu itinerario habitual por Frei Rosendo Salvado. Quedará suprimida a parada 433, rúa República do Salvador, sendo as alternativas máis próximas as paradas da praza de Galicia e da rúa de Frei Rosendo Salvado.

 - O corte na rúa de Xeneral Pardiñas, de 14:30 a 19:00 horas, afectará ás liñas 5, 13, 15, liña C11 e liña P6. Para todas estas liñas quedan suprimidas as paradas: 673, Xeneral Pardiñas nº 35; e 674, Xeneral Pardiñas nº 7. As paradas alternativas para cada liña son:

- Liñas 5, 15 e P6: dende República Arxentina, desviaranse pola praza de Puente Castro, rúa do Hórreo e praza de Galicia (parada 409, ferretería), retomando dende aí o seu itinerario habitual. As paradas alternativas máis próximas son: 431, República Arxentina nº 26; e 277, rúa do Hórreo nº 23.

- Liña C11: dende a rúa de Santiago de Guayaquil desviarase pola rúa do Hórreo e praza de Galicia (parada 409, ferretería), retomando dende aí o seu itinerario habitual. As paradas alternativas máis próximas son: 226, Curros Enríquez; e 277, rúa do Hórreo nº 23.

- Liña 13: rematará o seu traxecto na praza de Galicia, na parada 410, dende onde iniciará de novo o percorrido. A parada alternativa máis próxima é 410, praza de Galicia nº 3.

Os horarios de finalización dos desvíos son aproximados e poden variar en función do desenvolvemento dos traballos.

Comentarios