A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza incorpora setes profesionais novos

A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza incorpora setes profesionais novos
A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza incorpora setes profesionais novos

O incremento de Médicos de Familia prodúcese nos centros de saúde de Valga e Bertamiráns

A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza incorporou onte 7 novos profesionais sanitarios ao seu cadro de persoal en atención primaria, 2 médicos, 4 enfermeiras e 1 fisioterapeuta. Este incremento de persoal enmarcase dentro do Plan de Atención Primaria que está a desenvolver a Consellería de Sanidade e engádese ao aumento de 7 novas enfermeiras incorporadas o pasado ano.

Así, o centro de saúde de Bertamiráns conta con dous profesionais máis: médico e enfermeira en quenda de tarde, para facilitar o acceso a poboación maioritariamente nova e traballadora (con apenas un 18% de maiores de 65 años). Supón  o oitavo médico de familia e a oitava enfermeira quedando un pro medio de 300 pacientes maiores de 65 años por cota médico/enfermer0. O pasado ano este centro xa sumara ao seu cadro de persoal unha nova enfermeira, especialista en Atención Familiar e Comunitaria. 

No centro de saúde de Valga incorporouse un médico, co que os máis de seis mil veciños que superan os 14 anos pasarán a contar con 5 especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria, con preto dun 23% de poboación de máis de 65 anos. Ca incorporación deste facultativo conséguese  que a cota media sexa inferior os 1.300 tarxetas sanitarias por facultativo. Este incremento vense sumar á enfermeira especialista en Atención Familiar e Comunitaria incorporada o pasado ano.

O centro de saúde de Boiro incorpora outro efectivo para os coidados de enfermería, que se virá sumar ás 11 xa existentes. Tamén hai incremento no cadro de persoal de Enfermería nos centros de saúde de Concepción Areal e Fontiñas, esta coa especialidade en Atención Pediátrica. O centro de saúde de Fontiñas tamén conta cun fisioterapeuta máis.

Comentarios