O sol dominará o día de hoxe na cidade

O sol dominará o día de hoxe na cidade
O sol dominará o día de hoxe na cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 5ºC e a máxima os 12ºC

As altas presións continuarán durante esta xornada localizadas ao norte da península Ibérica, achegando estabilidade. 

Isto quere dicir que agardamos unha xornada en xeral de ceo pouco anubrado ou despexado con néboas matinais nos vales do interior e algunhas nubes de estancamento no norte de Lugo. 

As temperaturas mínimas terán un lixeiro descenso, polo que rexistraremos xeadas en moitos puntos do interior, mentres que as máximas non terán cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 5ºC e a máxima os 12ºC.

Os ventos soprarán do nordés, con intervalos fortes no litoral ao principio do día, pero tendendo a diminuír a intensidade co avance da xornada.

Comentarios