Unha muller ferida despois de producirse unha colisión entre dous turismos e un camión en Vilagarcía

Unha muller ferida despois de producirse unha colisión entre dous turismos e un camión en Vilagarcía
Unha muller ferida despois de producirse unha colisión entre dous turismos e un camión en Vilagarcía

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 13:30 horas de onte cando unha das implicadas no accidente chamou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) para solicitar axuda

A colisión entre dous coches e un camión na parroquia de Santa Maria de Rubiáns, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa saldouse cunha muller ferida este mediodía.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 13:30 horas de onte cando unha das implicadas no accidente chamou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) para solicitar axuda.  No seu relato indicaba que non era capaz de saír do seu vehículo polos seus propios medios e que os ocupantes do outro automóbil sinistrado tamén presentaban dificultades para abandonalo.

Decontado, os xestores do CIAE puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilagarcía e tamén dos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar dos feitos, os servizos de emerxencia comprobaron que todos os implicados no accidente atopábanse liberados e accesibles e descartaron o uso do material de excarceración. Finalmente, a ferida puido ser evacuada polos servizos sanitarios en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

Tamén acudiron ao lugar do accidente os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía  Local  co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía.

Comentarios