Un camión cheo de porcos sufre un accidente nunha estrada de Dozón

Un camión cheo de porcos sufre un accidente nunha estrada de Dozón
Un camión cheo de porcos sufre un accidente nunha estrada de Dozón

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, ás 14:00 horas de onte, o vehículo de transporte saíuse da vía na EP-6104, á altura da parroquia do Castro

Un accidente cun camión que transportaba porcos puxo en alerta aos servizos de emerxencia no concello pontevedrés de Dozón este mediodía.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, ás 14:00 horas, o vehículo de transporte saíuse da vía na EP-6104, á altura da parroquia do Castro, e rematou envorcado fóra da estrada. Malia a que o condutor do camión resultou ileso, algúns dos animais quedaron atrapados e non sobreviviron ao impacto.

Co fin de garantir as condicións de seguridade na vía e recuperar aos porcos, ata o lugar dos feitos desprazáronse os Bombeiros do Deza, axentes da Garda Civil de Tráfico e tamén persoal de conservación da estrada.

Comentarios