Propoñen que o concello adquira o solar do Peleteiro para uso público

Propoñen que o concello adquira o solar do Peleteiro para uso público
Propoñen que o concello adquira o solar do Peleteiro para uso público

A construción de equipamentos públicos implicaría o investimento estratéxico que precisa o Ensanche e, ademais posibilitaría atender máis a rendibilidade social dos cidadáns que rendabililidade económica pretendida pola Sareb

Grupo Municipal Popular presentará no vindeiro Pleno ordinario deste mes de decembro unha proposición pola que solicitarán ao Goberno de Sánchez Bugallo que estude a adquisición da parcela de Peleteiro, co fin de destinala a equipamentos públicos, entendendo esta operación como un investimento estratéxico. Trátase dunha idea alternativa respecto ao que se ven plantexando, sen éxito, desde hai anos.

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, que estivo acompañado na rolda de prensa polo concelleiro responsable de Asuntos Económicos, Ramón Quiroga, destacou que esta “pode ser a derradeira oportunidade de introducir unha locomotora que dinamice unha zona hoxe socioeconomicamente apagada”, polo que “a construción de equipamentos públicos implicaría o investimento estratéxico que precisa o Ensanche e, ademais, posibilitaría atender máis a rendabilidade social dos cidadáns, fronte aos beneficios económicos pretendidos pola Sareb”.

Non obstante, tal como indicou Sánchez-Brunete, o Goberno de Sánchez Bugallo parece máis cómodo seguindo “a estela do anterior Goberno de Compostela Aberta, é dicir, pensar en clave de mercado, por iso, o Goberno local ten contratado a unha consultora privada para que propoña posibles usos, maioritariamente de rendabilidade privada, nunha parcela que, neste momento, permanece nas mans mortas dun banco”.

O voceiro Popular subliñou que “nós tememos que o Goberno de Sánchez Bugallo acabe dando vida a un Frankestein inmobiliario, con usos diversos, sobre todo de rendabilidade privada que apenas vaian a aportar nada ao conxunto dos santiagueses”.

Polo de agora, aclararon os Populares, ao Goberno local, mantendo os pasos de CA, so se lle ocorre reconsiderar edificabilidades, usos e aproveitamentos urbanísticos a favor, principalmente, dunha entidade bancaria. O equipo de Sánchez Bugallo so estudou lixeiros cambios nun rompecabezas urbanístico cun ponderante interese privado e cun escaso interese da veciñanza.

Pola súa banda, durante a súa intervención Ramón Quiroga destacou que “ estamos convencidos de que o Concello podería facerse coa parcela po preto de 15 millóns de euros, unha cifra inferior aio superávit do ano 2018, polo que resulta unha cantidade perfectamente asumible”.

Os Populares entenden que so coa incorporación desta parcela ao patrimonio do Concello, so coa transformación do ámbito nunha parcela para equipamentos públicos, poderá plantexarse un “proxecto construtivo que funcione como unha locomotora do Ensanche, sobre todo, para o pequeno comercio, que se sexa de interese xeral, que sexa de referencia urbanística e arquitectónica e que conxure o risco da especulación, a plusvalía e o pelotazo”.

O Grupo Municipal Popular propón que se estude a adquisición da parcela a fin de destinala a equipamentos públicos, xa que non é imaxinable ningún aproveitamento privado como residencial, comercial, hoteleiro ou recretativo que teña a suficiente “forza atractiva para unha zona central da cidade que se atopa en franca decadencia.

Finalmente, os Populares subliñaron que o Goberno local ten que desbloquear a operación Peleteiro, xa que o que foi no seu momento un emblema do Ensanche hoxe é a expresión de abandono.

Comentarios