Diversión para os máis pequenos no Palacio de Congresos no 'Divernadal'

Diversión para os máis pequenos no Palacio de Congresos no 'Divernadal'
Diversión para os máis pequenos no Palacio de Congresos no 'Divernadal'

Divernadal é un parque de lecer no que os nenos e nenas poderán pasar as tardes desfrutando de xogos, inchables e obradoiros diversos

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou Divernadal, un espazo de lecer organizado polo Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia que estará abertos os días 6, 7 e 8 de decembro. Xunto a el estivo Francisco González, responsable da empresa RGM Eventos, coordinadora da actividade.

Divernadal é un parque de lecer no que os nenos e nenas poderán pasar as tardes desfrutando de xogos, inchables e obradoiros diversos. Estará aberto durante as tardes, en horario de 16:00 a 20:30 horas. A entrada para nenos e nenas de 2 a 12 anos terá un custo de 5 euros, e as persoas adultas que os acompañen terán que pagar 3 euros.

No recinto do Palacio de Congresos haberá inchables e áreas de xogos tradicionais, para bebés e de mesa. Tamén se habilitarán espazos para obradoiros de cociña e de artes plásticas e escénicas. Ademais, os nenos e nenas poderán pintar un mural e, para rematar cada xornada, realizaranse sorteos e espectáculos de teatro (venres), monicreques (sábado) e maxia (domingo). 

Comentarios