A concelleira Marta Abal explicou aos alumnos do Xelmírez a elaboración dos orzamentos municipais

A concelleira Marta Abal explicou aos alumnos do Xelmírez a elaboración dos orzamentos municipais
A concelleira Marta Abal explicou aos alumnos do Xelmírez a elaboración dos orzamentos municipais

Marta Abal afirmou que "non é doado facer un orzamento" e tampouco executalo. Neste momento, indicou, "estamos pechando o orzamento do 2020, e temos que tratar de afinar ben o incremento do gasto corrente"

A concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, recibiu onte ao alumnado do Xelmírez I que cursa a materia de Economía. No salón de plenos explicoulle o proceso de elaboración e aprobación dos orzamentos municipais e respondeu ás dúbidas dos e das estudantes. Durante a exposición sinalou que "unha actuación dun goberno non só pode ser prestar servizos. Tamén ten que realizar investimentos con independencia de que aí sempre necesites a colaboración doutras administracións".

Marta Abal afirmou que "non é doado facer un orzamento" e tampouco executalo. Neste momento, indicou, "estamos pechando o orzamento do 2020, e temos que tratar de afinar ben o incremento do gasto corrente, que vai dende persoal ata contratos como o dos servizos de transporte ou de limpeza; que sexan gastos sostibles no tempo, de xeito que non se comprometa a actuación do Concello e queden cartos para investimentos".

A concelleira tamén lle explicou os cambios na elaboración dos orzamentos nos últimos anos, dende a aplicación da Lei de Estabilidade Orzamentaria de 2012, que supuxo, segundo indicou, "unha serie de limitacións para as entidades locais, que son as que se empregan para cumprir os obxectivos de déficit" ante a Unión Europea. "Estou facendo un esforzo importante de contención no gasto corrente, precisamente para que non nos comprometan os investimentos dos capítulos 6 e 7, como as obras, que son importantes para a cidade", apuntou Marta Abal.

A responsable de Economía coida que pecharán os números "xa en breve, estes días", para despois empezar co proceso negociador co resto de grupos políticos. A idea, concluíu, "é levar o orzamento ao Pleno en xaneiro".

O alumnado do Xelmírez I, que estivo acompañado do profesor e ex-concelleiro de Economía entre 2007 e 2011, Andrés Fariña. 

Comentarios