Continúa o tempo soleado con baixada de temperaturas mínimas

Continúa o tempo soleado con baixada de temperaturas mínimas
Continúa o tempo soleado con baixada de temperaturas mínimas

En Compostela a temperatura mínima acadará os 2ºC e a máxima chegará aos 11ºC

Poucos cambios durante esta xornada, con Galicia baixo a influencia das altas presións. 

O ceo estará en xeral pouco anubrado ou despexado con néboa no interior; nas últimas horas da xornada entrarán nubes baixas no terzo norte. 

As temperaturas non terán cambios significativos, con xeadas no interior. En Compostela a temperatura mínima acadará os 2ºC e a máxima chegará aos 11ºC.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente leste durante a mañá, cambiando a nordés e aumentando a intensidade no litoral da Coruña durante a tarde.

Comentarios