ContraMINAcción denuncia que os rapaces de do CEIP Arzúa foron adoutrinados sobre a mina de Touro

ContraMINAcción denuncia que os rapaces de do CEIP Arzúa foron adoutrinados sobre a mina de Touro
ContraMINAcción denuncia que os rapaces de do CEIP Arzúa foron adoutrinados sobre a mina de Touro

A visita do alumnado arzuán foi organizada pola excoordinadora do Partido Popular en Arzúa, Leyre Aldasoro

A Rede contra a minaría destrutiva na Galiza, ContraMINAcción, denuncia a visita realizada por alumnos e alumnas do CEIP de Arzúa ás instalacións da mina de Touro e O Pino para "adoutrinalos nas supostas bondades" dunhas actividades extractivas que seguen a provocar "a contaminación do sistema fluvial do Ulla por metais pesados e proxecta destruír aldeas enteiras e o medio de vida das familias labregas da zona".

A visita do alumnado arzuán foi organizada pola excoordinadora do Partido Popular en Arzúa, Leyre Aldasoro, tal e como se relata no blogue http://xuntasexuntosmedramos.blogspot.com, onde dan as grazas “...a Leyre, a armadanzas desta actividade!!!!”. E é que Aldasoro hoxe traballa como responsable administración de Cobre San Rafael, filial de Atalaya Minning, a multinacional que pretende reabrir a mina de cobre de Touro - O Pino. E iso sen ter ningún tipo de formación ou experiencia relacionada coa actividade mineira.

Por mor do devandito, dende ContraMINAcción acaban de enviar unha carta á directiva do CEIP de Arzúa para poñer no seu coñecemento estes feitos e invitalos a participar nas actividades da Fundación Montescola e do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, dentro do programa "A mina contamina".

Comentarios