A Asociación Profesional de Bombeiros Forestais Xefes de Brigada valoran "grandes avances" na profesionalización do servizo de prevención de lumes

A asociación entrou en dabate sobre o futuro do sector, en concreto, coa funcionarización do servizo e de todos os profesionais que o integran

Onte a Asociación Profesional de Bombeiros Forestais Xefes de Brigada de Galicia mantiveron un encontro en Santiago para falar e tratar certos asuntos relacionados coa súa actividades profesional. Un dos puntos da orde do día foi os grandes pasos e avances que se están a facer para conseguir a profesionalización do servizo de prevención e defensa contra lumes forestais.

A asociación entrou en dabate sobre o futuro do sector, en concreto, coa funcionarización do servizo e de todos os profesionais que o integran. Os xefes de brigada aseguraron que este proceso que atinxe á Xunta de Galicia "será positivo sempre que supoña un incremento da dotación de medios e profesionais".

Ademais, agraceden a postura realizada pola administración autonómica por responder as inquedanzas e o convite para participar no grupo de traballo da nova Lei de Lumes Forestais que está a levar a cabo a Consellería de Medio Rural.

Comentarios
Lo más