A AECC comeza a súa andadura en Ames

A AECC comeza a súa andadura en Ames
A AECC comeza a súa andadura en Ames

No acto participaron o alcalde de Ames, José Miñones, a presidenta da directiva da Xunta Local de Ames, Esther Souto, o presidente da Xunta Provincial da Coruña da AECC, Manuel Aguilar, e o oncólogo pertencente ao Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, Santiago Aguín

O pasado martes, 3 de decembro, presentouse de xeito oficial no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro de Ames. Neste acto participaron o alcalde de Ames, José Miñones, a presidenta da directiva da Xunta Local de Ames, Esther Souto, o presidente da Xunta Provincial da Coruña da AECC, Manuel Aguilar, e o oncólogo pertencente ao Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, Santiago Aguín.

A Asociación Española Contra o Cancro conta dende este martes, 3 de decembro, cunha nova xunta local en Ames, sendo a número 45 da provincia. As integrantes da directiva desta xunta local son Merche Carballeira, Amparo Brea e Esther Souto. Esta última exerce o cargo de presidenta. Esta asociación xorde debido as características demográficas do concello de Ames, xa que a niveis de poboación é un dos concellos máis grandes de Galicia. Ata o de agora, Ames non contaba con Xunta Local propia e dependía da xunta local de Santiago de Compostela.

Durante o acto tivo lugar unha charla do doutor Santiago Aguín, oncólogo pertencente ao Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, a través da cal explicou aos asistentes pequenas pinceladas sobre a oncoloxía médica. 

Comentarios