Arde un depósito de lascas en Betanzos

Arde un depósito de lascas en Betanzos
Arde un depósito de lascas en Betanzos

Todo aconteceu, sobre as 17:15 horas na tarde de onte, cando un alertante chamou ao 112 Galicia para pedir axuda

Un lume iniciado nun depósito de almacenaxe de lascas está totalmente extinguido. Así o comunicaron os Bombeiros e os efectivos de Protección Civil ao 112 Galicia, unha vez refrixeraron o lugar pola calor acumulada, tras extinguir o lume .

Todo aconteceu, sobre as 17:15 horas na tarde de onte, cando un alertante chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que ardía un secadoiro de labras, que o estaban tentando apagar pero que seguía fumeando. Aseguraba ademais que non había persoas afectadas.

Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Betanzos, que decontado se achegaron ao punto. Tamén, alertouse á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Igualmente, por precaución, informouse da situación ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e ao persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

O incendio ocorreu nunha empresa do sector da madeira, situada na Avenida de Castela, no concello coruñés de Betanzos.

Comentarios
Lo más