Deteñen ao "depredador sexual" do tren entre Vigo e Pontevedra

Deteñen ao "depredador sexual" do tren entre Vigo e Pontevedra
Deteñen ao "depredador sexual" do tren entre Vigo e Pontevedra

As pescudas policiais permitiron descubrir que a sospeitoso elexía os trens que saen á primeira hora da mañá e que van menos concorridos

Axentes da Policía Nacional detiveron a un veciño de Soutomaior, de 21 anos de idade, como presunto autor de varios delitos de abusos sexuais, tras realizar tocamentos a, polo menos, catro mulleres, no interior de trens, no traxecto entre Vigo e Pontevedra.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación destes feitos iniciouse o pasado mes de agosto, cando o departamento de Seguridade de Renfe contactou coa Brigada Móbil da Policía Nacional, tras recibir varias queixas de viaxeiras que sufriran tocamentos por parte dun home novo.

As pescudas policiais permitiron descubrir que a sospeitoso elexía os trens que saen á primeira hora da mañá e que van menos concorridos. Así, subíase ao convoi na estación de Guixar, en Vigo, ataviado cun chaleco dunha empresa.

O mozo sentaba á beira de viaxeiras que ían soas e tentaba abusar delas, seguindo unhas pautas de comportamento que a Policía cualifica como de “depredador sexual”. O sospeitoso buscaba a situación idónea para atacar ás mulleres e ocultaba o seu rostro cun pasamontañas ou unha gorra para evitar ser identificado.

Grazas ao operativo despregado pola Policía Nacional, coa cooperación de Renfe e de Adif, púidose identificar a este home, que foi detido nas inmediacións da estación de Guixar á primeira hora da mañá deste luns.


Comentarios
Lo más