Envorca un camión na saída da autovía AG-56, en Brión

Envorca un camión na saída da autovía AG-56, en Brión
Envorca un camión na saída da autovía AG-56, en Brión

Ata o lugar acudiron, informados polo 112 Galicia un o persoal de urxencias sanitarias, os membros do GES de Brión e os axentes da Garda Civil de Tráfico

Sobre as cinco desde tarde, o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta de varias persoas particulares para advertir dun camión que sufrira unha saída de vía cando circulaba pola AG-56 ao seu paso polo concello de Brión, no punto quilométrico 10, sentido Noia.

Ata o lugar acudiron, informados polo 112 Galicia un o persoal de urxencias sanitarias, os membros do GES de Brión e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Como consecuencia da saída de vía, segundo os datos facilitados polo GES o camión accidentado vai ser recollido por un guindastre ao quedar encaixado entre un desnivel e un muro de formigón próximo.

Comentarios