Gastronomía, artesanía e moito público na primeira xornada do Mercado de Nadal

Gastronomía, artesanía e moito público na primeira xornada do Mercado de Nadal
Gastronomía, artesanía e moito público na primeira xornada do Mercado de Nadal

O Mercado de Nadal da Carreira do Condo arrincou este xoves con boa afluencia de púbilco e variedade nos seus postos


O Mercado de Nadal abriuse este xoves na rúa da Carreira do Conde. Un mercado que recibiu multitude de visitas no seu primeiro día que coincía con encencido do alumeado de nadal que daba ambiente as casetas dispostas na céntrica rúa. O mercado contará con cinco quendas durante as fechas navideñas pasando 56 expositores distintos.

Nesta primeira quenda ca que se inugurou o mercado, podían verse distintos postos de alimentación con queixos, embutidos, pastelería, mermelado ou mel; así como artesanía de diversos tipos e ideas orixinais para regalos de nadal. Ademáis, unha selección de food trucks de comida galega e internacional.

IMG 20191205 201744

Como novidade nesta edición, as tres primeiras quendas (xoves 5 a martes 10, mércores 11 a martes 17 e mércores 18 a luns 23) estarán dedicadas en exclusiva á decoración de Nadal e á alimentación selecta, facilitando ao público a preparación da casa e dos menús para estas datas especiais. As quendas finais (xoves 26 a luns 30 e martes 31 a domingo 5 de xaneiro) resérvanse para os produtos de artesanía e regalo orixinal, coa data da Noite de Reis como horizonte.

Actividades diarias
O Mercado de Nadal leva aparellada unha completa programación, ao inicio nas fins de semana e despois practicamente a diario. As actividades estarán dirixidas á infancia, ás familias e ao público en xeral. Haberá obradoiros de manualidades, xogos e contacontos nun espazo especialmente disposto ao efecto.


IMG 20191205 201530


Permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 horas. O Mercado estará pechado os días 24 e 25 de decembro e 1 de xaneiro; e só abrirá pola mañá o día 31 de decembro.

Comentarios
Lo más