Oitenta nenos falarán por videoconferencia con Papá Noel dende Ribeira

Oitenta nenos falarán por videoconferencia con Papá Noel dende Ribeira
Oitenta nenos falarán por videoconferencia con Papá Noel dende Ribeira

A programación informática de Nadal do Concello regresa por estas datas e, como novidade, este ano a Aula Cemit vai brindar a posibilidade de que 80 nenos e nenas do municipio pertencentes a dous centros educativos do municipio teñan a oportunidade de falar por videoconferencia con Papá Noel, que os atenderá dende Laponia unha semana antes de visitarnos na Noiteboa


A actividade, que está promovida dende a Xunta de Galicia, terá lugar o luns 16 de decembro pola mañá e dende a Concellería de Innovación Tecnolóxica se agarda estendela a outros nenos e nenas e a outros colexios en futuras edicións.

Así o explicou a concelleira Ana Barreiro nun acto no que deu a coñecer tamén a organización dos dous cursos gratuítos que se celebrarán nas vacacións e que están orientados a rapaces do municipio no marco do Nadal Informático.

Concretamente, do 23 de decembro ao 3 de xaneiro terá lugar o curso “Iníciate na informática” dirixido a cativada de entre 7 e 10 anos. Desenvolverase de 10 a 11.30 horas e entre outros contidos se lles aprenderá a navegar por internet, facer debuxos ou animar fotografías.

Tamén do 23 de decembro ao 3 de xaneiro, pero de 12 a 13.30 horas, terá lugar un segundo curso denominado “Retoca as túas fotos”, esta vez destinado a alumnado de 11 a 14 anos.

Inscricións

En ambos casos, as inscricións pódense formalizar a partir do luns 16 de decembro na Aula CeMIT ou ben vía web no enderezo https://cemit.cunta.gal/es/centro/67.

Ao finalizar cada curso entregase un diploma aos participantes e un pequeno agasallo sorpresa.

Comentarios