Galicia acollerá desde hoxe actuacións de limpeza en 10 espazos naturais

Galicia acollerá desde hoxe actuacións de limpeza en 10 espazos naturais
Galicia acollerá desde hoxe actuacións de limpeza en 10 espazos naturais

Unha decena de colectivos e entidades galegas mobilizaranse entre hoxe e o vindeiro 15 de decembro para limpar de basuraleza outros tantos espazos naturais repartidos pola comunidade 

. Baixo o lema 1m2 polo campo, o monte e os bosques, estas batidas de limpeza buscarán concienciar sobre o impacto que ten a acumulación de lixo e todo tipo de residuos neste tipo de localizacións.

Este é o terceiro ano consecutivo no que a Xunta, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, participa e colabora nesta iniciativa, que está enmarcada dentro do Proxecto Libera: Natureza sen basura, impulsado por SEOBirdLife e Ecoembes. O obxectivo principal é concienciar sobre o feito de que o abandono e a acumulación de residuos nas contornas naturais son un problema xeneralizado cun impacto moi negativo para a conservación do medio ambiente que nos rodea e, en consecuencia, do planeta.

No caso concreto de Galicia e unha vez pechado o prazo de inscrición para poder participar nalgunha batida, entre os 10 espazos galegos nos que se levarán a cabo as actuacións  figuran, entre outros, a Presa de Velle (na provincia de Ourense) e a Serra da Groba (Pontevedra), nas que hai batidas programadas para hoxe; o LIC Os Ancares-Courel (Lugo), cunha acción prevista para o 13 de decembro; ou a Fraga de Menáncaro (A Coruña), onde a batida será o día 14.

A nivel nacional, un total de 141 entidades, asociacións e grupos de interese actuarán en 159 puntos distribuídos por 47 provincias españolas. Pódense consultar todos os puntos nos que se farán recollidas ao longo desta semana a través da web proxectolibera.

Obxectivos ODS

Con este tipo de campañas de sensibilización e mobilización cidadá, contribúese a eliminar da contorna natural todo tipo de residuos perigosos como poden ser cabichas, pneumáticos, envases plásticos e outros refugallos, algúns dos que con maior frecuencia se adoitan acumular nos montes e bosques.

Ademais, os promotores do Proxecto Libera e todos os seus colaboradores buscan contribuír a acadar o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 15, que se refire á vida dos ecosistemas terrestres.

Cómpre lembrar que esta nova acción voluntaria forma parte das limpezas periódicas de 1m2 polas contornas –que inclúe as accións de 1m2 por praias e mares, 1m2 por ríos, encoros e pantanos e 1m2 polo campo, os bosques e o monte-, cuxo obxectivo non é só liberar á natureza de lixo, senón caracterizar e tipificar os residuos que en cada punto de limpeza se atopan, a través del uso de la ciencia cidadá.

Para logralo, a aplicación e-Litter, deseñada especificamente para investigacións como esta e grazas á cal pódese realizar unha caracterización dos residuos recollidos, axudará aos voluntarios a introducir e compartir os resultados contribuíndo así a ampliar o coñecemento sobre localización, tipo e cantidade de residuos abandonados en cada punto.

De feito, na edición anterior de 1m2 polo campo, os bosques e o monte –que se desenvolveu en 95 puntos de todo o país e contou coa participación de case 3.000 voluntarios- se chegaron a caracterizar cerca de 30.000 obxectos recollidos nas batidas. Nesta ocasión, os promotores aspiran a aumentar o volume de datos sobre a tipoloxía a e orixe dos refugallos para planificar accións concretas, da mandos cidadáns, que axuden a minimizar o impacto da basuraleza sobre a contorna.

Galicia comprometida

O compromiso crecente da sociedade galega co medio ambiente e co coidado do planeta tense plasmado tamén na súa activa participación nas dúas anteriores edicións de 1m2 pola natureza, 1m2 polo campo, os bosques e o monte e 1m2 polos ríos, encoros e pantanos, quecada ano atraen a un maior número de voluntarios na comunidade. No 2018, por exemplo, houbo 500 voluntarios que realizaron limpezas en 24 puntos da xeografía galega.


De feito, nas convocatorias de anos anteriores a iniciativa permitiu chegar a unha gran variedade de lugares da nosa contorna, como a praia de Covas (Lugo), a Capela do San Antón (Ourense), a praia de Barrañán (A Coruña) ou os Xardíns Valle-Inclán (A Coruña).

Así mesmo, cómpre subliñar tamén que moitas empresas e entidades galegas achegaron os seus esforzos desinteresadamente para converterse en Heroes Libera, organizando puntos de recollida e participando nas batidas activamente, como foi o caso de Indra na praia de Sabón, en Arteixo; de Telefónica no Grove; da compañía AXA tamén neste mesmo concello; ou de Pescanova na Enseada de San Simón.

Comentarios
Lo más