Galicia promove desde hoxe os seus portos deportivos no salón náutico de París

Galicia promove desde hoxe os seus portos deportivos no salón náutico de París
Galicia promove desde hoxe os seus portos deportivos no salón náutico de París

Galicia promove desde hoxe e ata mediados de decembro a súa oferta de turismo náutico e os servizos dos seus portos deportivos no Salón Náutico de París

Trátase dun dos certames máis relevantes de Europa vinculados a este sector no que participan máis 800 expositores de 25 países e que só na edición do ano pasado foi visitada por máis de 200.000 persoas.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitaron hoxe a feira na que a Comunidade galega participa cun expositor na área dedicada a turismo para reforzar a imaxe do destino Galicia no mercado e segmento náutico francés con especial incidencia en produtos e recursos relacionados coa oferta de turismo náutico e xeral de Galicia.

O Salón Náutico de París -no que Galicia participa desde hai 20 anos- tamén posibilitará a toma de contacto e as relacións comerciais entre os profesionais galegos e os empresarios do sector que teñan presenza no certame. Por iso, ademais da parte estritamente turística a través da Consellería de Cultura e Turismo, dentro da súa liña estratéxica de promoción da náutica recreativa en Galicia e do sistema portuario autonómico, a Xunta tamén ten presenza estes días a través de Portos de Galicia.

O ente público dependente da Consellería do Mar asiste a este tipo de certames co obxectivo de difundir a súa aposta por un sistema portuario integrado, un sistema único que contribúa a gañar en competitividade, e de promocionar as potencialidades das súas infraestruturas e servizos portuarios. Ademais coa presenza en certames como este Galicia reforza o seu posicionamento internacional en turismo náutico ao que contribúen cifras como a de tránsitos acadada o ano pasado polos portos náuticos, que recibiron por primeira vez máis de 10.000 embarcacións náutico-recreativas.

No eido estritamente turístico o mercado francés é un dos mercados dos que proceden máis viaxeiros. Concretamente é o sexto, por detrás de Portugal, Alemaña, EEUU, Italia e Reino Unido. No que levamos de ano recibimos máis de 73.000 viaxeiros franceses que fixeron máis de 121.000 noites. 

Comentarios
Lo más